Rare Replay

Rare Replay
Desenvolvedor(es)Rare
Distribuidora(s)Microsoft Studios
Deseñador(es)Paul Collins
Compositor(es)Robin Beanland[a]
Lanzamento4 de agosto de 2015
XéneroCompilación
Modos de xogoUn xogador, multixogador
Plataforma(s)Xbox One
Na rede
https://www.rare.co.uk/games/rare-replay
Youtube: UCOmkHVeEMAE0pIkUlNNBhog Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rare Replay é unha compilación de 30 videoxogos publicada en 2015, todos eles parte da historia de publicacións da desenvolvedora Rare e da súa predecesora, Ultimate Play The Game. Os xogos emulados pertencen a varios xéneros e videoconsolas, dende a ZX Spectrum ata a Xbox 360, e manteñen as características e erros das publicacións orixinais cun número mínimo de edicións. A compilación engade a posibilidade de facer trampas para que os xogos máis vellos resulten máis doados, e un modo de "instantáneas" de desafíos específicos seleccionados de partes específicas dos xogos. O progreso do xogador recompénsase con metraxe making-of e entrevistas sobre os principais xogos de Rare e outros non publicados.

Esta compilación foi unha de varias ideas que a compañía Rare considerou realizar para celebrar o seu 30º aniversario. Inspirados polos seus fans, polas características de retrocompatibilidade da Xbox One e por un desexo de ligar o pasado e futuro da empresa, Rare realizou unha selección de entre 120 xogos para escoller os que consideraban que mellor representaban a súa obra completa. Nesta selección priorizaron aqueles xogos con características e ambientes orixinais da empresa. Rare incorporou catro emuladores no paquete, e traballou coa súa empresa nai Microsoft para utilizar a entón aínda non anunciada emulación da Xbox 360. Rare Replay publicouse en todo o mundo como un xogo exclusivo de Xbox One o 4 de agosto de 2015.

As críticas de Rare Replay foron xeralmente favorables. Os críticos apreciaron o deseño e a confección da compilación, cualificando esta publicación como un novo pináculo para as compilacións de videoxogos. Eloxiaron as características de "rebobinado" e de "instantáneas", aínda que criticaron os problemas técnicos na emulación da Xbox 360 e na instalación dos xogos. Entre os xogos incluídos, a crítica decantouse polos clásicos de Rare para a Nintendo 64, en especial Blast Corps, e expresaron o seu desagrado pola inclusión de Perfect Dark Zero, Grabbed by the Ghoulies e dos xogos para a ZX Spectrum. Algúns críticos afirmaron sentirse decepcionados pola ausencia dos xogos da serie Donkey Kong Country e do xogo GoldenEye 007 por mor de problemas inevitables de licenzamento, mentres que outros críticos consideraron que a compilación estaba ben sen eles. A crítica destacou o contido de arquivo e as entrevistas ós desenvolvedores como unhas das mellores características da compilación, malia expresar molestia polo bloqueo destes contidos por medio da consecución de desafíos específicos dentro dos xogos.
Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/> correspondente


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search